Recorda os tipos de palabras:
- Nomes : designan a persoas, animais, obxectos, cousas,...Poden ser comúns ou propios. Por exemplo: can, cadeira, libreta, enfermeira,...
- Adxectivos: palabras que nos din como son ou están as persoas, animais, cousas,... Acompañan a un nome e concordan en xénero e número con el. Por exemplo: can xoguetón, pelo rizo, ...
- Verbos: palabras que indican unha acción. Por exemplo: andar, cantaba, ía, bebían,...
- Determinantes: son palabras que acompañan ao substantivo e concordan con el en xénero e número.
- Os que vimos ata agora son os artigos (o, a os, as; un, unha, uns, unhas) e demostrativos (este, ese, aquel, esta, esa, aquela, estes, ....).
Abaixo tedes enlace a unha ficha ca que repasamos un pouco de todo isto. Podedes imprimila ou copiala no caderno ou folio.
FICHA REPASO
Aquí vos deixo un enlace ao meu blog no que podedes realizar xogos online e repasar estes contidos (están en castelán, pero nos serven igual para o repaso)
Os determinantes
Prefixos e sufixos
O adxectivo
Os nomes
Ánimo a todos e todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario